Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Teatro do Atlántico: Unha primavera para Aldara

Autoría: Teresa Moure
Dramaturxia e dirección: Xúlio Lago

As monxas residentes no mosteiro de Santa María están a pasar por un momento difícil no que atinxe á súa subsistencia; os medios económicos non alcanzan e os arrendatarios das súas terras hai tempo que non lles fan pago das rendas.

No exterior é tempo de revoltas contra dos abusos dos nobres feudais, que fixeron dos tributos e dos dereitos señoriais un agravio permanente contra os labregos, con frecuentes violacións de señores e soldados sobre as persoas e as propiedades; estase a producir un crecente movemento de rebeldía: estoupa a Revolta Irmandiña.

Un criado chega ao convento solicitando abeiro para o seu señor, cabaleiro irmandiño ferido gravemente na batalla e necesitado de refuxio e coidados para sandar. As monxas, logo de intensos debates, xa que as regras non permiten presenza masculina no convento, deciden pór por diante a misericordia e acoller o forasteiro ata que se vexa curado das súas feridas.

Unha primavera para Aldara foi, por unanimidade do xurado, o texto gañador do XIII Premio Rafael Dieste, convocado pola Deputación Provincial da Coruña. Nesta proposta hai espazo para o drama, a comedia, a traxedia, o teatro «costumista» e moitas outras cousas.
Elenco: María Barcala, María Bouzas, Marcos Correa, Belén Constenla, Josi Lage, Amparo Malo, Xoán Carlos Mejuto, Pilar Pereira, Lucía Regueiro e Agustín Vega
Espazo escénico e vestiario: Carlos Alonso
Iluminación: Xúlio Lago
XIII Premio Rafael Dieste

Unha primavera para Aldara

Datas anteriores

21 de decembro
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

18 de decembro - 20 de decembro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)