Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Atra Bilis Teatro: El año de Ricardo

Angélica Liddell, creación e dirección

As relacións entre corpo e poder, entre o privado e o público, sosteñen a este Ricardo monstruoso, exhibicionista, cínico, que aproveita os puntos débiles dos réximes lexítimos para xustificar a súa repugnante alianza coa inxustiza. Ricardo é un vil manipulador de opinión; utiliza o narcisismo da masa incómoda e o egoísmo do individuo próspero para pór ao pobo a favor de accións infames. A súa máxima aspiración consiste en instaurar o temor como orde mundial; desexa convencer á sociedade enteira de que a maior seguridade estriba no temor. Este Ricardo, conxunto de ambición e historial clínico, atópase situado en terreos próximos ás tiranías coñecidas, aínda sanguentas, sen o dó debido, como esas feridas que zumegan de novo en presenza dos asasinos. Pero está aínda máis próximo ao xenocidio lexítimo dos actuais tiranos, expertos en enmascarar os seus innumerables crimes baixo a maquillaxe democrática. Ricardo é un deses que ascenden ao poder valéndose do sistema democrático pero sen crer en parlamentos nin democracias, é un deses que utilizan os votos dunha maneira hipócrita, ruín e absolutista.
Elenco: Gumersindo Puche e Angélica Liddell
Deseño de espazo e vestiario: Angélica Liddell
Iluminación: Carlos Marqueríe

El año de Ricardo

Datas anteriores

23 de novembro
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

22 de novembro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)