Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Teatro Cachuzo: Game over

ESTREA

Creación e dirección: Carlos Losada Galiñáns
A partir de 6 anos de idade

Roi prende a videoconsola para botar outra partida co seu xogo favorito desde hai unhas semanas, a última versión dos súper loitadores Mortal Kombat versión 3.0. Pendente de chegar ao gran final do xogo, nin atende a chamada do seu amigo Sebas nin a do pai, e ten unha boa liorta coa nai. Roi, malia todo, xoga coa consola ata quedar durmido deixando a Ken, o personaxe do seu videoxogo favorito, perdido baixo as letras vermellas de «Game Over». Roi emprende así a viaxe ao seu país das marabillas e dos seus medos.

Game Over, obra orixinal de Carlos Losada, gañou en 2007 a segunda edición do Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, convocado polo anterior Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM). O xurado do certame salientou o interese do tema central da peza, o illamento o que se someten na actualidade os cativos enganchados ao mundo das pantallas. Así mesmo, destacou o interesante tratamento que se concede á violencia e a introdución da máquina como un dos personaxes.
Elenco: Silvia Cerneira, Christian Escuredo, Clara Gayo, Daniel Méndez, Laura Míguez e Pepa Yáñez
Produción: Rebeca Díaz
Vestiario: La Canalla
Iluminación: Octavio Mas
Espazo sonoro: Ramón Raíndo
Imaxe & Motion Graphics: nbek

Game over

Datas anteriores

5 de outubro
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

3 de outubro - 4 de outubro
/// 20.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)