Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Matarile Teatro: Animales artificiales

Autoría e dirección: Ana Vallés

Ana Vallés utiliza palabras que o surafricano e premio Nobel Coetzee escribiu no seu libro Elizabeth Costello para contar o argumento da obra: «Hai xente que ten a capacidade de imaxinarse como outra persoa e hai xente que non a ten (cando esa carencia é extrema, chamámolos psicópatas). E hai xente que ten esa capacidade pero decide non póla en práctica». Animales artificiales xira en torno á empatía e o equilibrio entre o que queda do noso animal e os mundos artificiais que habitamos. Por unha banda, somos seres máis ou menos sensibles e a miúdo expresámolo espontaneamente. Mesmo chegamos a comportarnos como verdadeiros brutos! E doutra banda, neste espazo compartido que inventamos non nos queda outra que cumprir as normas desde que nos erguemos ata que nos deitamos. Ou quedamos fóra. Así e logo, fomos perfeccionando unha grande habilidade para esconder a verdade. Somos bichos raros. Estamos afeitos observar. A nosa mirada atenta fíxonos hábiles para o disimulo, para a transformación, para a representación. E tamén para pórnos en lugar doutro, para meternos nos seus zapatos.
Elenco: Helen Bertels, Jose Campanari, Mónica García, Mauricio González, Iván Marcos, Ricardo Santana, Ana Vallés, Hugo Portas (tuba) e Ramón Vázquez (voz contratenor)
Espazo escénico e iluminación: Baltasar Patiño

Animales artificiales

Datas anteriores

28 de setembro
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

25 de setembro - 27 de setembro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)