Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Coprodución CDG: Cascuda

Diego Anido
Diego Anido

Cascuda é unha peza de teatro físico que conxuga en equilibrio as linguaxes de teatro de texto, o clown, e a danza contemporánea, para dar como resultado un espectáculo que explora a difusa fronteira entre a tolemia e a cordura.

A obra tenta aproximarse aos posibles significados da palabra "desprezo" que adoitamos asociar á cascuda: desprezar como detestar, pero tamén como sinónimo de infravalorar. Desta larva conceptual nace unha Cascuda coma unha pantasma que se manifesta procedente de lugares subterráneos, segredos e privados; coma bufón que se ri da ollada humana. E é que estes animais non son máis que pensamentos que nos habitan e collen a forma do insecto do desprezo. Elaboracións, creacións, elucubracións que aniñan no noso cerebro e medran alimentadas polo medo.
Cascuda

Datas anteriores

21 de maio - 24 de maio
/// 22.00

Sala NASA
Cabo Sam Lourenzo 51-53. Santiago de Compostela
Teléfono: 981573998