Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

CICLO NOVAS MÚSICAS: Nordestin@s


Nordestin@s é a ollada contemporánea á tradición mariñeira de tres dos músicos máis relevantes da nova escena galega: Abe Rábade, Guadi Galego (Berrogüetto, Espido) e Ugía Pedreira (Chouteira, Marful).
Neste proxecto musical, as voces de Guadi Galego e Ugía Pedreira modelan o repertorio mariñeiro do Norte, achegándose á súa infancia, á música popular que lle transmitiron os seus pais, xuntándoa coas súas propias composicións que tamén miran ao mar. Ao mar do Norte. Todo vai envolto coas harmonías contemporáneas, a elegancia e o talento dun dos mellores músicos de jazz da península, o lucense Abe Rábade.
nordestin@as

Datas anteriores

20 de xuño
/// 22.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)