Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

CICLO NOVAS MÚSICAS: Aló irmão


O espectáculo "Aló irmão" é o encontro creativo dun dos artistas máis sorprendentes do actual panorama musical de Galiza, Fran Pérez Narf, co gran guitarrista e cantante africano Manecas Costa.
Dous "cancionistas" que se xuntan para atopar o punto equidistante entre dúas personalidades de profunda identidade, e tender novas pontes entre dous universos culturais destinados a entenderse.
O potente latido africano de Manecas Costa xúntase ao incansable espíritu aventureiro de Narf, e da faísca xurde un regueiro de ideas que dá luz a un torrente de sensacións. Unha manchea de novas cancións compostas ca harmonía dos que queren entenderse, e celebrar con alegría a diferencia.
Música innovadora para o mundo de hoxe, que soa cunha sola voz: a da emoción, a que non coñece máis fronteira que a do aire para vibrar. Dous cantantes e dúas guitarras son todo necesario para dar forma a esa voz, que fala directamente ao corazón, en galego, en criolo, en portugúes, en machopi ou en inglés.
"Aló, irmão: ónde é que nos imos atopar?"
A resposta o venres día 13 no Salón Teatro, ás 21.00 horas
Alo_irmao

Datas anteriores

13 de xuño
/// 22.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)