Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

AcciónST


Baixo o título AcciónST, o CDG celebra por segundo ano consecutivo este novedoso ciclo no que participan cinco agrupacións artísticas que desenvolverán varias execucións en distintas localizacións do Salón Teatro, ademais do escenario.
Prezo: 22 € (cea + 2 accións); 5 € (4 accións) e 3 € (2 accións)

Teatro para comer?
Cea-espectáculo para 26 comensais
TEATRO DELLE ARIETTE
Italia
Do mércores 4 ao sábado 7 ás 22.00 h
Dirección e autoría: Paola Berselli e Stefano Pasquini
Elenco: Paola Berselli, Maurizio Ferraresi e Stefano Pasquini
Espazo: no escenario

Teatro para comer? contén unha pregunta: durante o transcurso da función cómese de verdade? Os 26 espectadores están sentados arredor dunha gran mesa, coma nun restaurante. Arredor, os tres actores cociñan, fan de camareiros, falan, contan, actúan e o sitio vólvese un restaurante da emoción e da memoria.
O traballo de Ariette está basicamente relacionado coa autobiografía; traballando sobre a súa propia historia tamén o público comeza a mover os seus recordos, as súas vivencias; a comida abre as portas do corazón e ao final a experiencia é total e moi forte.
En palabras da compañía, "En Teatro para comer? cómese en serio, cómense as cousas que facemos desde hai dezaoito anos, desde cando comezou a nosa vida de campesiños. Cómense as cousas que cultivamos e transformamos na nosa facenda agrícola, que sacamos das nosas terras. Sentados arredor dunha mesa, preparando e consumindo unha verdadeira comida, contamos á nosa maneira a nosa singular experiencia de campesiños-actores: dezaoito anos de vida no campo e de teatro feito fóra dos teatros".

Peep show
NUT TEATRO
Galiza
Mércores 4 e xoves 5 a partir das 20.30 h
Dirección: Carlos Neira
Elenco: Nerea Barros, Iria Sobrado e Xiana Carracelas, Arantza Villar
Espazo: no gardarroupa

Aquí medran flores?
TEATRO D2
Galiza
Mércores 4 e xoves 5 a partir das 20.30 h
Dirección e son: Teresa de la Hera
Iluminación: David Castro
Elenco: Manu Lago, Fran Riveiro e Diego Freire
Espazo: no ambigú e no balcón

De gaivotas e rancheiras. Creación sobre "A Gaivota" de Chejov
ROBERTO LEAL & FRIENDS
Galiza
Venres 6 e sábado 7 a partir das 20.30 h
Dirección: Roberto Leal
Elenco: Anabell Gago e Olivia Collins
Espazo: na xastrería

Cámara escura
IVÁN MARCOS
Galiza
Venres 6 e sábado 7 a partir das 20.30 h
Dirección, autoría e interpretación: Iván Marcos
Espazo: no camerino 2
Teatro para comer

Datas anteriores

4 de xuño - 7 de xuño
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)