CÍA. HORS CHAMP/ OLGA MESA: Solo a ciegas
Produción: Compañía Olga Mesa / Association Hors Champ-Fuera de Campo coa colaboración da DRAC Alsace - Ministerio de Culture e Comunicación da Villa de Estrasburgo
Coprodución: Culturgest Lisbonne (PT), CCN de Tours (F), Espaço O Tempo / Montemor o Novo (PT), Ecole Municipale de Danse de Strasbourg
A coreógrafa e artista visual Olga Mesa presenta en Galiza o seu novo espectáculo "Sólo a ciegas", un universo cheo de evocacións, de presenzas limítrofes e memorias onde comezar a esbozar unha paisaxe de memorias agachadas, onde buscar a historia dunha presenza que se desprende da súa propia imaxe e da súa propia formulación.
A creadora asturiana, que normalmente fai desaparecer "a cuarta parede" no seu diálogo permanente co público, convídanos a introducirnos nun novo espazo de escoita e percepción do corpo. A cámara en escena, un elemento concurrente na súa creación, é utilizado nesta peza co desexo de levar a cabo unha experimentación máis intuitiva, máis inmediata. Neste diálogo espacial entre o corpo e a cámara, a intérprete ten a posibilidade de buscar na súa memoria, nos seus soños, de convocar a súa propia biografía, de interpelar a súa experiencia vivida. O texto aparece como unha voz en off, ofrecendo e creando espazos temporais paralelos á presenza do corpo e á súa imaxinación, e ás posibles memorias (non) visibles que esta propaga. O corpo vaise situando baixo o prisma da evocación: intres de movementos vividos, ás veces esquecidos, outros recuperados inesperadamente.
Olga Mesa quere con este traballo que o seu corpo sexa un instrumento de transmisión in-memoriam doutros corpos abandonados e olvidados, doutras olladas ausentes e desaparecidas, doutras posibles olladas comunes futuras. Noutros termos, deixar emerxer unha ollada persoal, próxima e sincera sobre si mesma, que se comparte da mesma maneira co espectador. Non se trata soamente dunha intimidade subxectiva, senón por encima de todo dunha interpretación máis auténtica que inclúe ao outro, o mundo no cal podemos recoñecernos como individuos, e encontrarnos.