Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

CDG en coprodución con Diego Anido: Cascuda

Performance - Entrenamentos abertos ao público interesado

Creación, dirección e interpretación: Diego Anido

Diego Anido é un dos creadores galegos máis relevantes dos últimos anos; o seu discurso artístico rompe coas fronteiras das disciplinas escénicas convencionais para elaborar propostas escénicas en que a danza, o teatro, a performance e a música van da man para consolidar espectáculos totais e de alto nivel.

As cascudas chamaron a atención do noso creador por seren uns dos animais máis desprezables de todos os que conviven nunha cidade ou espazo urbano. Pero elas teñen unhas características de tamaño, resistencia e axilidade que lles permiten descubrir lugares así como instalarse e observar a vida humana desde os lugares máis secretos e subterráneos dun mundo ao cal nunca poderemos acceder.
Despois de Paperboy (2004) e El Alemán (2005), Cascuda (2007) será o terceiro proxecto escrito, dirixido e interpretado por Diego Anido. Aquí trata de aproximarse a estes estados de "desprezo" e "descubrimento" propios do citado insecto para compoñer unha peza escénica nas que a danza, o teatro, a performance e a música van da man.

Cascuda será estreada no mes de maio na Sala Nasa.

Datas anteriores

11 de febreiro - 16 de febreiro
/// 10.00 - 12.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)