Festival Sinsal. Extensión Salón Teatro: Michael Gira + (r)
Michael Gira é un artista de múltiples facetas, pero sobre todo é un músico sedento de novos sons. A súa infancia transcorreu nun suburbio dos Anxos ata que os seus pais se divorciaron. Pasou unha mocidade movida, con busca por parte da Interpol incluída. En 1979 mudase a Nova York e decide fundar un grupo influenciado pola "no wave" e artistas como Suicide ou Glenn Branca.
É cando funda os míticos Swans, mestres en ritmos rudos e texturas abrasivas, puro poder visceral, experimental e post-industrial. Esta formación cálmase ao aparecer en escena Jarboe, parella durante longo tempo do artista, que adozou algo o ambiente coa súa voz e teclados. Ao disolver os Swans en 1997, Gira editou un álbum en solitario e comezou a aventura de The Angels of Light, máis calmados e acústicos que o seu grupo anterior. Pero a pesar de todo, a intensidade é o sinal de identidade de Michael Gira.
Tras o nome
(r) escóndese Fabrizio Modonese Palumbo, membro de Larsen, XXL e Blind Cave Salamander. Tres son os álbumes editados até a data como (r): "Under The Cables", "Into The Wind" e "In Pink", nos que vai cambiando de ritmos relaxados e pausados a outros extremos e introspectivos, sempre no delgado fío entre o goce e o medo, para terminar explotando nunha inusitada enerxía optimista. A música de (r) é máis un diario que un exorcismo, repleto de cancións sobre morte e transfiguracións, texturas ambientais relaxadas, unha suave voz e unha guitarra sobre a que pouco a pouco, con mestría, vai construíndo un todo.