Mostra de Teatro Infantil no Nadal: Casi Romeo y Julieta
Teatro
A priori producciones (Guadalaxara)
Tras longos e esgotadores días de camiño cargados de equipaxe e buscando un escenario, os nosos protagonistas, por fin, encontrárono.
-Somos pallasos e... e… e isto é… un escenario! E ten de todo: decorados, luces de cores, e… e… e vós sodes… Público. Imos facer un show!!! Benvidos á representación da máis famosa traxedia de amor de todos os tempos: "Romeo e Xulieta"… ou case.
"Case Romeo e Xulieta", porque, como van representar uns pallasos unha traxedia? Os pallasos fan rir, sempre fan rir, é a súa esencia, está na súa natureza, é o seu obxectivo, é o motivo da súa existencia e o seu fin.