Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Mostra de Teatro Infantil no Nadal: Ao son das cousas

Teatro

Sapristi (Galiza)

Sara e Berta son dúas escoitadores e recolectoras de sons. Andan de aquí para alá segundo as leve o vento, o son preferido da súa colección. Cada vez que o escoitan, saben que chega o momento de prepararen os vultos e deixárense levar a un novo porto.
En cada lugar ao que chegan, son convidadas a xogar cos novos sons con que se atopan: os bocexos, o croar das ras, o ladrido dun can, o repenico dunha gota, o tictac dun reloxo... Mais un son novo encóntrase cos que xa teñen gardados, a recado, na súa equipaxe.
Ao son das cousas

Datas anteriores

30 de decembro
/// 19.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)