Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Mostra de Teatro Infantil no Nadal: Golulá

Teatro de monicreques

Galitoon (Galiza)

Había unha vez un país; o seu nome era Golulá. A diferenza doutros países, en Golulá as persoas eran todas diferentes: de diferentes especies, de diferentes formas, de diferentes cores, mesmo falaban diferentes idiomas, pero aínda así todos se entendían.
O máis curioso de Golulá é que só tiña unha nube, unha e ningunha máis. Os habitantes de Golulá tiñan medo de perdela e por iso, un gardián moi especial coidaba dela: Bunkaa, un gorila moi grande, forte e de gran corazón. Neste país tamén vive a súa mellor amiga, Lara, unha nena aventureira, riseira e emprendedora. Pero un día, o malvado Doutor Terrier roubou a única nube de Golulá e todo cambiou: o riso deixou de escoitarse, os ríos comezaron a secarse, os nenos tiñan sede...
Lara e Bunkaa comezarán unha viaxe por terra, mar e aire chea de aventuras e perigos para tentar salvar o seu país: Golulá.
Golulá

Datas anteriores

29 de decembro
/// 19.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)