Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Mostra de Teatro Infantil no Nadal: Kamikaze

Novo circo

Pistacatro en coprodución co CDG

A homenaxe pola morte do Sr. Kamikaze reúne os seus estraños camaradas nunha cerimonia que repiten solemnemente cada ano. Un tipo gris e aburrido chega alí de xeito accidental. Quen era ese morto para merecer tanta honra? Por que despois da morte se celebra tanto a vida? Será que a vida é tamén unha kamikaze?
Neste espectáculo cómico dirixido a todos os públicos están presentes teatro, novo circo, ilusionismo e música en directo.
Kamikaze

Datas anteriores

26 de decembro
/// 19.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)