Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Festival Sinsal. Extensión Salón Teatro: Matt Valentine & Erika Elder with The Golden Road + Igloo

Música folk-rock


Todo no mundo de Matt Valentine & Erika Elder with The Golden Road vive á marxe da realidade. Desde mediados da década pasada Matt Valentine foi alimentando unha carreira enfocada a dar saída aos sons tradicionais do pasado (folk, blues rural, psicodelia...) a través dun prisma persoal ata o punto de crear o son spectra sound para resaltar a profundidade, localización e resonancia da súa particular forma de entender a música.
A través de selos habitantes no ostracismo e colaboracións con xente como a propia Erika Elder, Loren Mazzacane Connors, P.G. Six, Tim Barnes, Chris Corsano, Samara Lubelski, Joshua Burkett ou Dean Roberts etc., sempre fóra do circuíto de selos discográficos e redes de comercialización masivas, permitiron exteriorizar o seu traballo cun modus operandi que recorda as race recordings (primeiras gravacións de blues rural e música de cabaret cuxo destino principal eran os guetos negros dos Estados Unidos) e o desenvolvemento dos èm]private pressing, forma baixo a cal se distribuía a música experimental nos anos 60. Matt Valentine é grande, un dos novos músicos máis brillantes da escena internacional.

Lonxe de artificios e concesións Igloo respira, co seu disco debut homónimo, a esencia do pop máis contemporáneo conxugando agresivas guitarras e matices electrónicos. Unha proposta que pasa dos intensos momentos de lirismo melódico, quitados de calquera resto de sentimentalismo, á furia dunha distorsión que constrúe densos bloques sonoros.
Se Diego Castro (baixo) e Juan Gil López (síntese e programacións) puxeron a primeira pedra, Igloo se configura finalmente nas mans de Beni (overlook) (voz e guitarra), David (batería) e Selín (guitarra).
Os temas do grupo compostelán caracterízanse polo seu ton preciso e pechan retallos do son de New Order, My Bloody Valentine, Death in Vegas ou Spiritualized, entre outros. Un repertorio que parte das tramas electrónicas "retro" de Silvia Saint e que conclúe coas envolventes estanzas nórdicas de Nanook pasando pola exhuberancia orquestral, as hibridacións rítmicas e a contundencia expresiva que se apoia nas arquitecturas vocais e as suxerintes letras.
Matt Valentine y Erika Elder

Datas anteriores

31 de xaneiro
/// 22.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)