CCG en coprodución con Cía. Daniel Abreu: Negro
Sábado 26 de xaneiro ás 20.30 horas e domingo 27 ás 18.00 horas
Coreografía e dirección: Daniel Abreu
Intérpretes: Andrea Quintana, Janet Novas, Anuska Alonso e Daniel Abreu
Negro é un traballo coreográfico para catro bailaríns que se fundamenta no corpo como único instrumento motor de toda sensación. A coreografía son escenas creadas desde a reflexión da acción cotiá e/ou a partir da improvisación. Este traballo non fala do envoltorio da pel, nin do que oculta, senón do que esa pel ve, o que lle gusta e a transforma, o que a esperta e o que a dorme. Falar de danza supón falar do corpo vivo, exposto e sensible. Pártese da idea de que expoñer un proxecto require un control extenso dos pensamentos e do que un vive. Nos procesos de creación ábrese a porta e déixase fluír o vaivén de ideas arredor dunha vivencia común, a dirección, a partir do que se quere contar.
Negro fala da pel durmida, do descanso, dunha paisaxe natural, de sermos honestos/as...