Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Ángels Margarit / Cía. Mudances: Larandland

Sábado 12 ás 20.30 horas e domingo 13 ás 18.00 horas

Coreografía e dirección: Angels Margarit
Creación e interpretación: Eneko Alcaraz, Vera Bilbija, Emili Gutiérrez, Gustavo Lesgart, Isabel López, Miryam Mariblanca, Joan Palau e Dori Sánchez

O último espectáculo de Ángels Margarit toma a cidade como motivo e paisaxe, onde o movemento dos bailaríns permite aproximarse ao espectador. Larandland é un traballo estético e abstracto que nos fala de situacións concretas que se viven na cidade inabarcable, como un organismo vivo, un gran corpo onde células e sistemas interconectados inventan a súa propia morfoloxía. Dinámicas, ritmos, texturas, circuítos, o movemento feito paisaxe. A peza divídese en tres partes. A primeira, "Palimpsesto", é un traballo de composición que se transforma continuamente; sete bailaríns son o espazo e a paisaxe. A segunda, "Siameses", é un fragmento máis intimista onde suceden diferentes duetos; aquí o espazo da danza é o corpo do outro. E a terceira parte, "Track", que parte da velocidade, o risco e o trazo, é a peza máis enérxica.
Larandland

Datas anteriores

13 de xaneiro
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

12 de xaneiro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)