Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Seagull Play: A gaivota

Dirección: Enrique Diaz
Autoría: Anton Chejov

Sábado 15 de decembro ás 20.30 h.
Domingo 16 de decembro ás 18.00 h.

Baseada na obra clásica do dramaturgo ruso Anton Chejov, a peza reúne en escena a sete renomeados actores brasileiros, baixo a dirección de Enrique Díaz, coñecido director do teatro brasileiro actual.
Promoción en Europa, Made In Productions

A montaxe conta a historia dun escritor iniciante, fillo dunha actriz coñecida, que busca a súa propia identidade ao través da súa escrita. A obra presenta a vida baixo a mirada do célebre autor ruso, levando ao escenario o cotián das persoas que, atormentadas por un ideal superior ás súas forzas, contemplan a propia existencia. Incapaces de realizar os seus soños, perden a liberdade de voar, como unha gaivota que alguén que non tiña nada que facer matou casualmente.
Ficha
Elenco: Lorena da Silva, Emílio de Mello, Enrique Diaz, Felipe Rocha, Gilberto Gawronski, Malu Galli e Isabel Teixeira
Coprodución: Temps d’images 2007 / La Ferme du Buisson, Scène Nationale de Marne-La-Vallée
Correalización: Festival de outono de París

A Gaivota

Datas anteriores

15 de decembro - 16 de decembro

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)