Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Dom Quixote das Ilhas e Duas sem Três

Raiz di Polon


Feira Galega das Artes Escénicas 2007

Dom Quixote das Ilhas
A vida é un camiño no que se cruzan e mesturan diferentes ritmos: rápido, lento, fugaz, fronte a fronte, lado a lado, na vertical, enriba, debaixo, con encontros e desencontros fatais, porque o que era odio faise amor na parte na que o odio é máis forte. Quixote e Sancho coméranse mutuamente, matáranse, sobreviviran, rebeláranse e fuxiran xuntos, e tamén o un do outro e cada un para dentro e para fóra de si. Só entón soubo Quixote que el e o outro eran a mesma persoa.

Duas sem Trés
A muller ten un lugar especial na cultura caboverdiana. Nun país de emigrantes, son as mulleres as que manteñen as tradicións e aseguran a supervivencia e a continuidade. O Batuque é un exemplo impresionante da forza da contribución da muller africana á cultura do seu continente. Desde contexto naceu a idea de transformar o imaxinario feminino nun dueto feito polas bailarinas da compañía Raiz di Polon.

Ficha artística

Dom Quixote das Ilhas
Xénero: Danza
Texto, dirección musical e música orixinal: Mário Lúcio Sousa
Dirección artística, coreografia, escenografia e vestiario: Mano Preto
Intérprete: Mano Preto
Investigación do movemento : Luís Da Rosa
Produción executiva: Jeff Hessney e Mano Preto
Bailarín: Mano Preto

Duas sem Trés
Xénero: Danza
Coreografia: Elisabete Fernandes e Rosy Timas
Música orixinal: Mário Lúcio Sousa
Orientación de traballos de voz e corpo: Margarida Mestre
Diseño de luz e coordinación técnica: Carlos Ramos
Diseño de son: Raúl Ribeiro
Bailarinas: Elisabete Fernández e Rosy Timas

Ficha técnica

Duración dos espectáculos: 60'

Información de contacto da compañía

Raiz di polon
cp 421/c Fezenda
Praia - Cabo Verde
Telf.: 2389943293
jeffhessneya r r o b ahotmail.com
manopretoa r r o b ahotmail.com


Dúas sem Tres

Datas anteriores

27 de outubro
/// 23.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)