Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Romeo e Xulieta

Teatro do Noroeste

Autor: William Shakespeare
Dirección: Eduardo Alonso

Feira Galega das Artes Escénicas 2007

Romeo e Xulieta de William Shakespeare é un texto clásico, que nunha versión moderna e actualizada como esta, resulta un espectáculo de fonda contemporaneidade.
O proceso de socialización non é algo natural e dinámico, senón que é conflitivo e, ás veces, destrutivo. O conflito entre o persoal e o familiar non sempre se resolve. E mesmo cando se resolve, non sempre se resolve ben.

Conxúganse catro elementos observados de forma específica: O destino, como percorrido ou proxecto vital; a acción, como compromiso coa realidade; o amor como exaltación da individualidade; e a morte, como a destrución e reunificación de todo. O vello conflito familiar é un pano de fondo que colabora, pero non determina.

Ficha artística

Xénero: Drama
Adaptación: Eduardo Alonso
Escenografía: Equipo Taetro
Deseño de son: Brais Morán
Iluminación: Eduardo Alonso
Vestiario: Equipo Taetro
Elenco (por orde de intervención): Luma Gómez (mendiga), Aitor Rei (Sansón), Jacobo Bugarín Osorio (Gregorio), Fernando González (Abrahán), Victoria Pérez Varela (Bemba), Fernando Tato (Tebaldo), Christian Escuredo (Romeo), Omar Rabuñal Varela (Paris), Antela Cid (Ana), Sara Casasnovas (Xulieta), Alejandro Carro (Mercuchio).

Ficha técnica

Estrea: 29 de abril de 2007, Teatro Principal de Santiago de Compostela
Duración do espectáculo: 120'

Información de contacto da compañía

Persoa de contacto: Luma Gómez
Ameixenda, s/n
15870 Ames (A Coruña)
Telf. 981 898 731 / 629 814 297
Fax: 981 568 036
correoa r r o b ateatrodonoroeste.com
www.teatrodonoroeste.com


Teatro do Noroeste

Datas anteriores

26 de outubro
/// 20.00

Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981542347