Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Truenos y misterios

Matarile Teatro

Autor: Ana Vallés
Dirección: Ana Vallés

Feira Galega das Artes Escénicas 2007

Un científico, un mestriño de escola e actor, un bailarín e licoreiro, o profesor, e eu. Asomámonos a un balcón e, alí abaixo, eses seres que fomos, un desfile de datos non escritos -a pel non se escribe- aparentemente inservibles pero non esquecidos. Eliminado o decorado e extraídos da súa contorna -unha fábrica de coches, un ballet nacional, unha escola, un obradoiro de marionetas ou un laboratorio de universidade-, trasladados a un escenario e vistos agora desde a barreira, diseccionados ante o patio de butacas, estes personaxes non son máis que produtos atónitos de ALGO, - chamémoslle historia, cultura, familia, tempo - que non puideron ou non souberon controlar.

Ficha artística

Xénero: Contemporáneo
Escenografía: Baltasar Patiño
Axudante de dirección:
Iluminación: Baltasar Patiño
Vestiario: Matarile Teatro – Naftalina
Elenco: Ana Vallés, Carlos Sarrió, Pedro Pérez-Bermúdez, Xan Cejudo e Mauricio González

Ficha técnica

Estrea: 1 de febreiro de 2007, Festival Escena Contemporánea- Madrid
Duración do espectáculo: 100'

Información de contacto da compañía

Persoa de contacto: Baltasar Patiño
R/ Gómez Ulla 7, baixo
15702 Santiago de Compostela (A Coruña)
Telf. 981 585 166
Fax: 981 585 121
matarileteatroa r r o b amundo-r.com
www.teatrogalan.com


Truenos y misterios

Datas anteriores

23 de outubro
/// 18.00

Teatro Galán
Rúa Gómez Ulla, 7. Santiago de Compostela
Teléfono: 981585166