Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

O burgués fidalgo

Teatro do Morcego

Autor: Molière
Dirección: Celso Parada

Feira Galega das Artes Escénicas 2007

Monsieur Jourdain é un rico e zafio comerciante que, nas súas aspiracións por mesturarse coa clase social superior, cae baixo o engano dun aristócrata sen escrúpulos que busca limparlle todo o seu diñeiro. A xuizo de moitos, O burgués xentilhome ou O burgués fidalgo é a obra máis divertida de Molière, na que xunta con mestría as situacións xocosas e a sátira mordaz dun novo rico desquiciado por aparentar o que non é. Un tema, como se entenderá, moi actual. Esta proposta achégase ao orixinal pero cunha visión máis contemporánea sobre o escenario, con actores e músicos que recuperan a partitura orixinal de Lully.

Ficha artística

Xénero: Musical
Adaptación: Enrique Harguindel
Escenografía: O Pastor
Deseño de son: Xesús Alonso e Ramón Bermejo
Iluminación: Octavio Mas
Música: Suso Alonso
Vestiario: La Canalla
Coreografía: Ánxeles Soliño e Leticia Alfaya
Elenco: Santi Prego, Luisa Merelas, Maxo Barxas, Blanca Cendán, X. Carlos Mosquera "Mos", Xavier Estévez, Mundo Villalustre, Suso Alonso, Leticia Alfaya e Ánxeles Soliño.

Ficha técnica

Estrea: 9 de febreiro de 2007, Auditorio Municipal- Cangas
Duración do espectáculo: 105'

Información de contacto da compañía

Persoa de contacto: Celso Parada Fernández
Camiño da Garita, 9. Nerga. Hío
36948 Cangas (Pontevedra)
Telf. 986 391 007 /696 416 401
Fax: 986 391 203
morcegoa r r o b ateleline.es


O burgués fidalgo

Datas anteriores

25 de outubro
/// 23.00

Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981542347