Medidas preventivas
Ancora Produccións
Autor: Gustavo Pernas Cora
Dirección: Gustavo Pernas Cora
Feira Galega das Artes Escénicas 2007
A obra quere lanzar unha mirada irónica e crítica, non exenta de humor negro sobre as novas relacións e comportamentos sociais.
Medidas prenventivas, que venden protección a cambio da submisión e seguridade a cambio de medo. Medidas que instalan aos cidadáns nun consumo despreocupado a cambio da desconfianza social. Están desenfocadas e dirixidas a cidadáns de a pé, presuntos culpables nos seus actos cotiáns que foron nacendo entre guerras preventivas e catástrofes inesperadas, entre prevencións sobredimensionadas e interesadas e a neglixencia e pasividade dos gobernantes diante do clamor da fame ou da contaminación mundial.
Ficha artística
Xénero: Comedia
Escenografía: Suso Montero
Vestiario: Anxela G.Abalo
Deseño de son: Bernardo Martínez
Iluminación: Miguel Soto
Música: Bernardo Martínez
Elenco: Vicente de Souza, Ánxela G. Abalo e Xosé Bonome
Ficha técnica
Estrea: Auditorio Municipal de Narón
Duración do espectáculo: 100'
Público preferente: A partir de 14 anos
Información de contacto da compañía
Persoa de contacto: Ánxela G. Abalo
Santa Icía, nº 42 - Uxes
15690 Arteixo (A Coruña)
Telf. 981 645 080 / 646 363 235
Fax: 981 645 080
ancora.teatro
telefonica.net