Sen Título 4x8x6 (técnica mixta sobre o escenario)
Os Monicreques de Kukas
Dirección: Kukas e Isabel Rey
Autor: Marcelino de Santiago (Kukas)
Feira Galega das Artes Escénicas 2007
Espectáculo de gran formato dirixido a todos os públicos co que se quere transmitir e amosar a maxia da creación artística conxugando os actores, as esculturas-monicreques, a acción de pintar en directo, a informática, o vídeo, a poesía, a música e o canto dun xeito sutil, sinxelo e divertido.
A mestura de actores e monicreques permítenos realizar unha viaxe polo mundo da Arte introducindo ao espectador no proceso da creación artística, nese momento máxico no que da nada xorden o xesto e as formas, e as cores e o movemento crean figuras e espazos, no que os sons se van convertendo en música e harmonía, no que a palabra se converte en poesía e canto e no que as esculturas, animadas polo movemento e a música, danzan e cobran vida converténdose en monicreques.
Ficha artística
Autor: Marcelino de Santiago (Kukas)
Dirección: Kukas e Isabel Rey
Escenografía: Kukas
Xénero: Infantil
Vestiario: María Gaiteiro
Iluminación: Miguel Cabaleiro
Música: Suso Alonso
Elenco: Marcelino de Santiago, Helena Fernández, Alba Fernández, Alberte Viveiro, Isabel Rey.
Ficha técnica
Estrea: 29 de abril de 2007
Duración: 60'
Público preferente: Todos os públicos
Información de contacto da compañía
Persoa de contacto: Isabel Rey Pousada
R/ Lino Villafínez, 11-1ªD
15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
Tel.: 981 562 734 / 609 884 630 / 660 298 070
Fax.: 981 562 734
monicreques

mundo-r.com