Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Arte

Fulano, Mengano e Citano

Autor: Yasmina Reza
Dirección: Celso Parada

Feira Galega das Artes Escénicas 2007

Serxio acaba de mercar un cadro branco, totalmente branco, polo que pagou unha enorme suma de diñeiro. Marcos, que odia a arte moderna, non comprende como a un amigo seu, sobre o que tiña certa opinión positiva, se lle poda ocorrer pagar por "semellante trapallada". Entón intervén Ivan, o terceiro en discordia, no seu papel de mediador tentando apaciguar as partes en conflicto, pero lonxe de conseguilo acaba el mesmo metido no enredo.
Cun humor ácido e brillante e uns xogos dramáticos que aparentemente rozan a anécdota, Arte, ponnos fronte a un espello no que se nos mostran esas actitudes que conforman unha parte esencial da nosa propia esencia. Todo isto presentado de forma divertida, cun estilo que brilla pola súa vivacidade e o seu humor.

Ficha artística

Adaptación: Fulano, Mengano e Citano & Miguel Martíns
Escenografía: Manuel Botana e Javier Couto
Deseño de son: Manuel Pombal
Iluminación: Pedro Fresneda
Vestiario: X. M. Conde e Ana Vázquez
Elenco: Manuel Álvarez, Xosé M. López Conde e Manuel Pombal

Ficha técnica

Estrea: 9 de febreiro de 2007, na Área Panorámica de Tui
Duración do espectáculo: 90'
Público preferente: Adulto

Información de contacto da compañía

Persoa de contacto: Manuel Botana
Rúa Brasil, n º 46, 6ºC
36204 Vigo (Pontevedra)
Telf. 986 127 760 / 986 298 864 600 755 377
Fax: 986127760
albotanaa r r o b amundo-r.com
www.fulanomenganocitano.com


Arte

Datas anteriores

27 de outubro
/// 20.00

Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981542347