Seagull-Play (A Gaivota)
Teatro
Dirección: Enrique Diaz
Autoría: Anton Chejov
Baseada na obra clásica do dramaturgo ruso Anton Chejov, a peza reúne en escena a sete renomeados actores brasileiros, baixo a dirección de Enrique Díaz, coñecido director do teatro brasileiro actual.
Promoción en Europa, Made In Productions
A montaxe conta a historia dun escritor iniciante, fillo dunha actriz coñecida, que busca a súa propia identidade ao través da súa escrita. A obra presenta a vida baixo a mirada do célebre autor ruso, levando ao escenario o cotián das persoas que, atormentadas por un ideal superior ás súas forzas, contemplan a propia existencia. Incapaces de realizar os seus soños, perden a liberdade de voar, como unha gaivota que alguén que non tiña nada que facer matou casualmente.