Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Ancora Produccións: Medidas Preventivas

Teatro

Autoría e dirección: Gustavo Pernas Cora
Premio ao Mellor Libro de Teatro 2007 da Asociación de Escritores en Lingua Galega

Medidas preventivas quere lanzar unha mirada irónica e crítica, non exenta de humor negro, sobre as novas relacións e os novos comportamentos sociais. Medidas, que venden protección a cambio da submisión e seguridade, a cambio de medo. Medidas que instalan os cidadáns nun consumo despreocupado a cambio da desconfianza social. Medidas desenfocadas e dirixidas a cidadáns de a pé, presuntos culpables nos seus actos cotiáns que foron nacendo entre guerras preventivas e catástrofes inesperadas, entre prevencións sobredimensionadas e interesadas e a neglixencia e pasividade dos gobernantes diante do clamor da fame ou da contaminación mundial.
Fragmentos de ficción ou sucesos dunha realidade que xa existe ou á que asistiremos en breve.
Elenco: Ánxela G. Abalo, Vicente de Souza e Xosé Bonome
Escenografía e vestiario: Suso Montero
Iluminación: Miguel Soto e Gustavo Pernas
Dirección musical: Brais Morán

medidas preventivas 2

Datas anteriores

2 de decembro
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

1 de decembro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)