Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Teatro do Atlántico: A bombilla máxica

Teatro

Dramaturxia e direción: Xúlio Lago
Autoría: Woody Allen

A vida da familia Pollack (pai, nai e dous fillos adolescentes) atópase nunha etapa difícil, de absoluta infelicidade sentimental e nunha complicada situación de precariedade laboral. O marido, Max Pollack, con cincuenta anos, xogador compulsivo, está en plena "crise dos corenta" e non dá saído dela. Aterrorizado pola inevitable perda da súa xuventude aférrase desesperadamente á relación dunha nova amante que o fai sentirse aínda atractivo e desexable e coa que pensa en utópicos proxectos de futuro. Pero na realidade, o seu proxecto máis plausible está sempre asentado nunha va esperanza de gañar nas apostas do xogo.

A esposa Enid Pollack, informada dos amoríos do seu marido, aguanta o "tirón" na esperanza de que o vento cambie, ao tempo que afronta como pode a complicada relación cos seus adolescentes fillos, de catorce e dezasete anos: Steve, o menor, unha firme promesa de delincuente profesional, farto das súas obrigas escolares, sente unha forte atracción polas armas, por roubar, provocar incendios, aprender trampas para futuras partidas de cartas ... . Paul, o fillo maior, tartamudo, "148 de coeficiente intelectual", vítima dunha insuperable fobia social, intenta fuxir do seu terror refuxiándose no mundo da maxia, practicando obsesivamente un número tras outro e creando unha realidade paralela que lle faga soportable a súa existencia.

Completando o cadro, dous personaxes nos extremos; Jerry, home maduro, representante de "grandes" figuras do espectáculo, unha vida esperando descubrir unha "estrela" que nunca deu chegado. As máscaras da alegría e do humor e o disfrace dunha roupa pretendidamente elegante esconden o fracaso que non se quere ver. E, finalmente, Betty, nova, fermosa, desexable, fráxil e inxenua, necesita desesperadamente fuxir do seu contorno sen horizonte no que vive, e puxo os seus ollos e o seu corazón e as súas esperanzas en Max Pollack.
Elenco:
Paul Pollack: Manu Fernández
Steve Pollack: Daniel Lago
Helen Pollack: María Barcala
Max Pollack: Dami Contreras
Betty: Lucía Regueiro
Jerry Wexler: Gonzalo Martín Uriarte

Axudante de dirección: Artur Trillo
Auxiliar de dirección e asesoría musical: Pilocha
Espazo escénico e vestiario: Antonio Francisco Simón
Deseño de iluminación: Xúlio Lago
Tradución: Avelino González e Olga F. Nogueira
Asesores de maxia: Mago Antón e Mago Quico
Fotografía/deseño cartel/grafismo: Tino Viz/Margen
Técnicos de Escena: Antón Arias (luces) e Angel Rico (son)

A bombilla máxica

Datas anteriores

25 de novembro
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

24 de novembro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)