Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Centro de Creación Dramática Contemporánea: Botóns de mostra


Baixo o título de "Botóns de mostra", trátase de facer unha pequena mostra pública do traballo realizado na primeira edición do obradoiro "Curso para unha dramaturxia de actualidade", que desenvolveu o CDC na pasada temporada 2006-07.
O director do obradoiro, Cándido Pazó, é o responsable da dramaturxia para a lectura escénica deste collage a partir de fragmentos dos textos escritos por alumnos participantes. Para esta ocasión, foron seleccionados os seguintes textos: "Visión nocturna", de Santiago Cortegoso; "Movidas", de Clara Gayo; "Todo está escrito" de Fusa Guillén; "Alzheimer", de Carlos Labraña; "Alma" de Ricardo Conde e "Dous océanos" de Octavio Mas.
Os membros da compañía Talía Teatro encargaranse da posta en escena desta lectura dramatizada e a escenografía correrá a cargo de Carlos Alonso.
Botóns de mostra

Datas anteriores

8 de novembro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)