Berrobambán: Boas Noites
Teatro- Estrea
Autoría: Paula Carballeira
Dirección: Jorge Padín
Para poder durmir ben tes que acabar cos teus medos, iso sábeo de sobra Pedro Chosco, que é quen nos trae o sono cada noite. Xiana, pola contra, só pensa en atopar algo de tempo para xogar e, se polo día ten demasiadas cousas que facer, pola noite é libre de dispor do seu tempo.
O que pasa é que a noite é o momento do misterio, das criaturas que non se atreven a asomar polo día, e, se non durmes, descubrirás o que se agocha entre as sombras.
Obra gañadora do I Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2006,
Boas Noites propón unha achega contemporánea a personaxes da mitoloxía popular galega, con boas doses de humor e música.