Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Daniel Abreu: Ojos de pez

En pé de pedra no Salón Teatro

Coreografía: Daniel Abreu

O coreógrafo e bailarín tinerfeño Daniel Abreu presenta xunto a súa compañía o espectáculo Ojos de pez, un proxecto coreográfico para catro bailaríns a través da construción de paisaxes para a fotografía e o seu encadeamento como unha secuencia cinematográfica.

"En todos estes anos vin e deixei de ver cousas. Todos decidimos o que miramos, e os seus modos como fío condutor. Como miramos o decidido e que pensar sobre iso. Isto é algo que vin ou que a miña memoria lembra. Un espazo en movemento que se decide mirar ou non. A ollada como filtro do que decide fotografarse. A memoria de recordos relacionados co abraiante do que nos rodea. A primeira vez dos ollos. Defendo a idea de non ter que explicar a ollada do pez e a miña, simplemente contala". (Daniel Abreu).

Datas anteriores

22 de xuño
/// 21.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)