Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Coprodución do Centro Dramático Galego e Pistacatro: Kamikaze

Novo Circo - Estrea

Creación colectiva
Dirección: Hernán Gené

Neste espectáculo cómico, dirixido a todos os públicos, tamén hai teatro, novo circo, ilusionismo e música en directo. Trátase dunha creación colectiva con dirección de Hernán Gené (premio Max 2005 ao mellor espectáculo de teatro por Sobre Horacios y Curiacios de Teatro de La Abadía), na cal participan como membros do elenco Antón Coucheiro, Natalia Outeiro, Manuel Lago, Pablo Reboleiro, Xabier Mera, Borja Fernández e Alfonso Medina.
A homenaxe a un amigo recentemente falecido é o pretexto para que o espectáculo cobre vida por medio dunhas misteriosas personaxes, que se dan cita no funeral para mostrar o seu pesar ao tempo que defenden un modo de vida artística tan arriscado como persoal.

Datas anteriores

17 de xuño
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)