Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Matarile Teatro: Truenos y misterios

Creación e dirección: Ana Vallés

Un científico, un mestriño de escola e actor, un bailarín e licoreiro, o profesor e eu. Asomámonos a un balcón e aí abaixo, eses seres que fomos, un desfile de datos non escritos —a pel non se escribe— aparentemente inservibles pero non esquecidos. Eliminado o decorado e extraídos do seu contexto —unha fábrica de coches, un ballet nacional, unha escola, un obradoiro de marionetas ou un laboratorio de universidade—, trasladados a un escenario e vistos agora desde a barreira, disecados ante o patio de butacas, estes personaxes non son máis ca produtos abraiados de ALGO —chamémoslle historia, cultura, familia, tempo— que non puideron ou non souberon controlar. E que se lles foi das mans!

Datas anteriores

10 de xuño
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)