Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

SINSAL Santiago. Extensión Salón Teatro: Tunng


Os ingleses Mike Lindsay e Sam Genders conforman o núcleo creativo de Tunng, músicos prolíficos que aparecen en varios recompilatorios como Future Folk, Strange Folk, When the Sea Meets the Sky; lanzaron no 2005 no Reino Unido Mother's Daughter and Other Songs —recentemente lanzado en 2006 nos Estados Unidos—, un bo exercicio cheo de mantras, pastiches vocais, insertos electrónicos e bastantes guitarras acústicas.
Cun prestixio xa asentado, Tunng agora ten sete integrantes e acaban de lanzar Comments of the Inner Chorus, o seu segundo disco, decantándose para un terreo máis folk e pop; a electrónica só esta presente en breves retallos habilmente inseridos nalgúns tracks. Comportándose como unha familia de bos músicos, Tunng suxire familiaridade e delicadeza antes que experimentación e sorpresa.

Datas anteriores

21 de xuño
/// 22.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)