Coprodución Centro Coreográfico Galego e Experimentadanza: Arteaescena
ESTREA
Coreografía: Carlota Pérez
Dirección artística: Armando Martén
Arteaescena é un proxecto multidisciplinar para todos os públicos en que a arte, o proceso de creación, se presenta como o epicentro das cinco escenas en que se divide a proposta que a compañía Experimentadanza estrea no Salón Teatro.
As vangardas europeas da primeira metade do século XX inspiran esta coprodución: a arte como un medio de expresión infinito e auténtico por riba de calquera condicionante externo.
A arte créase desde un papel en branco, desde un lenzo, a partir dun anaco de barro ou de planos deseñados, coma se se tratase dun xogo de nenos, dun arquitecto cunha imaxinación inconmensurable. As vangardas artísticas nacen da idea de expresar temas sociopolíticos nun clima bélico entre as dúas guerras mundiais, e neste apoxeo das artes, marcado pola crise existencial do ser humano, o nacemento da máquina etcétera os pintores, escultores e arquitectos falan desde o máis profundo dos seus sentimentos sobre a patria, o home, a velocidade, o mundo apurado, a realidade da sociedade... e berran sen medo desde os seus pinceis o que non poden berrar coa súa voz.