Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Rayo Malayo: Los olvidados

Dirección e coreografía: Cristiane M. Boullosa

Tito Nelly, Lastenia Montesinos, Rusbel Chimentry, José Alcebiades "Quemazón", Evangelina e Francisca, Juan Ibarra; personaxes reais que impregnaron de vida a obra coreográfica de Los Olvidados. A pesar das súas desgrazas persoais, a pesar das desgrazas políticas e sociais da zona en que habitan, a rexión colombiana Magdalena Medio, estas persoas, coma se de maxia se tratase, seguen crendo na vida. Seguen bailando, tocando e cantando, crendo no amor e na poesía.
Este espectáculo non pretende narrar as súas vidas, nin a situación de onde viven, pero si mergullarse nese mundo cheo de símbolos, estados anímicos e momentos de reflexión.
Desde os seu comezo, a forza de Rayo Malayo (dirixido por Francesc Bravo) impregnou os principais festivais de danza contemporánea. En 15 anos colaborou con diversas formacións e danzantes, pero cunha única constante: o compromiso co público, o gozo de bailar e a enerxía do corpo potenciada pola música.

Datas anteriores

1 de marzo - 2 de marzo
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)