Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Drumming-Grupo de percusión: Zapping

Música contemporánea

Dirección artística: Miquel Bernat

Zapping é o tributo particular que o grupo portugués Drumming quere render a Frank Zappa, para o cal convidou varios compositores a plasmaren en pezas de percusión as súas propias visións do músico norteamericano.
Drumming GP destaca pola singularidade da súa programación, que resume as experiencias da vida profesional do seu director (Miquel Bernat), coa variedade e diversidade de estilos e formación dos membros (Nuno Aroso, Francisco Aparici, Pedro Oliveira, Rui Rodríguez, António Sérgio, João Cunha) que o compoñen, que van desde a música contemporánea ao rock, jazz, world music, pasando pola programación contemporánea temática e entrando, máis recentemente, nunha fase de desenvolvemento do seu propio repertorio en colaboración con compositores de prestixio internacional.
Desde os seus comezos, manteñen como sinal distintivo o percorrido por todas as vías de innovación e da poética do espectáculo posibles, explorando as máis diversas, variadas e imaxinativas formas e tipos de expresar a percusión. Todo un luxo.

Datas anteriores

28 de febreiro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)