Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

La Zaranda, teatro inestable de Andalucía la baja: Los que ríen los últimos

Teatro

Autor: Eusebio Calonge
Dirección: Paco de la Zaranda

Illados na incomprensión e na indiferenza, tres personaxes retallos de paixóns abandonadas, disidentes da súa época, emprenden a fuxida do vertedoiro en que subsisten. A súa extravagante e penosa peregrinación será un regreso a un pasado remoto, descoñecido e misterioso para o cal só contan coas indicacións dun pai defunto. Porque, a pesar das dificultades, hai algo que permanece vivo: os soños e o riso, ese riso daqueles que manteñen a esperanza, dos que aínda senten morriña do paraíso, fronte á gargallada desdentada do tempo.
Transcorreron case 25 anos desde que La Zaranda emprendeu a súa andaina teatral e desde entón desenvolve unha poética teatral que, lonxe de fórmulas estereotipadas e efémeras, se converteu nunha linguaxe propia que tenta recuperar a memoria e convida á reflexión.

Datas anteriores

16 de febreiro - 17 de febreiro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)