Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Pablo Coello (saxofóns) + Pedro Rebelo (electrónica): Fragmentos

Música contemporánea


As intervencións do saxofón de Pablo Coello combínanse coa música electrónica en vivo, as videoproxeccións e as improvisacións con soporte visual de Pedro Rebelo para dar como resultado Fragmentos.
Pedro (Portugal) é un compositor/artista dixital que desenvolve o seu traballo na música electroacústica, medios dixitais, instalación e música improvisada. Ten colaborado en diversos proxectos con artistas plásticos, sendo un dos temas centrais da súa investigación a relación entre a arquitectura e a música, o cal motivou a creación de instalacións e obras interactivas. Por outra banda, Pablo (Vigo) é membro de Ensemble fonos21, do cuarteto S@X21, do conxunto internacional Ensemble Atmosphère e actúa co artista sonoro portugués Paulo Raposo. Ademais, é promotor da creación da Asociación Fonos21-S@X21, que organiza diferentes actividades relacionadas coa creación e interpretación da música contemporánea.

Datas anteriores

14 de febreiro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)