Teatro Lliure e Centre d'Arts Esceniques de Reus - CAER: Last Chance (Última Oportunitat!)
Teatro
Dramaturxia e dirección: Carol López
Grande oportunidade é a que nos ofrece este espectáculo para ver un teatro moderno, divertido e, á vez, cunha temática de rigorosa actualidade: a ambición e a corrupción. Concibida como unha obra de creación en que os diálogos se elaboraron a partir das improvisacións traballadas cos actores, a obra narra tres historias moi distintas, de diferentes xéneros que se entrelazan alternativamente, para dar lugar a unha trama final que deparará moitas sorpresas.
A autora desta peza, Carol López, preguntouse un bo día se todos poderiamos ser corruptos e, tomando esta idea como eixe central, creou esta comedia agridoce que rende homenaxe ao filme
Jackie Brown de Quentin Tarantino.
A cantante Dolo Beltrán (do grupo Pastora) é a protagonista, a
femme fatale, que compuxo un tema especialmente para a obra titulado "Tres calles".