Alleretour: Ellas
Danza
Creación e dirección: Jesús Hidalgo
1939. A guerra civil remata coa vitoria do bando nacional e a voz de Franco anuncia o principio da ditadura. Dúas mulleres, interpretadas por Emanuela Ciavarella e Diana Regaño, son testemuñas dese momento histórico.
Jesús Hidalgo continúa coa súa intensa busca sobre un movemento simple e poético e o seu baile, sen necesitar un discurso intelectual, consegue recordarnos a nosa condición humana e o mundo contemporáneo sacudido polas guerras. Como case todas as súas coreografías, representan corpos en loita co pasado e coa historia. Soidade, desesperación, violencia pero tamén tenrura e complicidade nun mundo onde o home falta.
Ellas é unha homenaxe emotiva e sensible ás mulleres que quedaron soas trala guerra civil, ao seu silencio imposto, ao seu intento de sobrevivir cando non podían berrar máis.