UR Teatro: El chico de la última fila
Teatro
Autor: Juan Mayorga
Dirección: Helena Pimenta
Xermán, un profesor de 55 anos desenganado do seu oficio e dos seus afectos, encárgalles aos seus alumnos adolescentes unha redacción baixo o título "A miña fin de semana pasada". Entre textos decepcionantes e aburridos, o titor tropeza coas liñas firmadas por Claudio, ese mozo silencioso que senta na última fila.
Despois de lela en varias ocasións para convencerse de que a sorprendente redacción non é froito da súa imaxinación, Xermán traba una intensa relación mestre-mozo. A súa amizade transfórmase nun labirinto difícil, intenso e perigoso, tanto para eles como para as persoas do seu redor.
O resultado é unha obra crítica, interesante e transgresora asinada polo talento do consagrado Juan Mayorga. Unha obra sobre o pracer de asomarse ás vidas alleas e sobre os riscos de confundir a vida coa literatura. Unha obra sobre os que escollen a última fila: aquela desde a cal se ven todas as demais.