Marta Carrasco: J’arrive
Danza
Dirección: Marta Carrasco e Carme Portaceli
Marta Carrasco é unha creadora difícil de clasificar, poetisa da escena en todos os sentidos e con todas as linguaxes. A través do movemento, a música, a palabra e a plástica do seu imaxinario persoal sacode as nosas emocións.
En plena madurez profesional, Marta Carrasco é considerada unha das promotoras de maior calidade e innovación dentro do ámbito cultural estatal.
J’arrive (en francés "xa chego") é un intenso percorrido pola súa obra coreográfica, polos cinco espectáculos que nutriron toda unha década de traballo. Este décimo aniversario supón un novo motivo para impulsarse dentro do seu espírito renovador e da súa desconcertante creatividade.
J’arrive supón un punto e á parte na carreira da coreógrafa, pero non un punto e final, porque nunca se chega: trátase de seguir correndo. Un espectáculo que cativa desde o principio.