Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Rui Horta: Bones & Oceans

Danza

Coreografía e dirección: Rui Horta

Un home, un can de metal enferruxado e unha banda magnética de son que inexorablemente se desenvolve ata o fin.
Un mundo á medida dun soño posible, un océano de peto, un percorrido onde se esgotan as preguntas, as protestas e mesmo o significado das palabras.
Baseándose nunha das súas últimas obras producidas en Alemaña nos anos 90, Rui Horta crea un novo traballo: un dueto solitario para un home e un can de metal. Antón Skrzypiciel, o performer de Bones and Oceans, é o intérprete que ata hoxe traballou máis de preto de Rui Horta. Actor, bailarín de recursos inagotables, traballou nas súas creacións durante cerca de trece anos e con el realizou centenas de espectáculos.

Datas anteriores

26 de xaneiro - 27 de xaneiro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)