Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Grupo de Música Antiga 1500: "...estou de vos moito marabillado...". Músicas para a Historia de Galiza

Autor: Andrés Díaz

Elenco: María Giménez (canto e percusión); Belén Bermejo (canto e arpa); Xurxo Lois Varela (viola de gamba, baixo, frautas); José Ignacio Castro (sacabuche e frautas); Víctor Blanco (guitarras renacentista e barroca,
percusión); Andrés Díaz (frautas, vihuela, chirimía, guitarra renacentista e arpa)

Sinopse:
A convulsa historia de Galiza tardomedieval e de comezos do Renacemento sérvelle ao Grupo 1500 para desenvolver un interesante programa: festas relixiosas e profanas, a nobreza, as guerras e adaptacións do "corpus lírico" galego-castelá da decadencia, conforman o fío conductor dun espectáculo no que o ouvinte, ademais de escoitar música da época interpretada con instrumentos orixinais, achégase a unha importante etapa da nosa Historia.

Posta en valor dun patrimonio musical esquecido, tentando acadar un rigor histórico e conceptual, que achegue a un público variado a este tipo de música, son os obxectivos que se propón o Grupo 1500 a través deste programa.

Datas anteriores

16 de marzo
/// 20.30

Auditorio Municipal Lauro Olmo
O BARCO