Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Teatro do Noroeste: Romeo e Xulieta

Autor: William Shakespeare
Dirección: Eduardo Alonso

Elenco: Dez novos actores e actrices de menos de 23 anos

Sinopse: A pesar da sensación inicial que se ten de que o conflito entre os Capuleto e os Montesco condiciona traxicamente o amor de Romeo e Xulieta, unha lectura máis atenta do texto de Shakespeare revela que, realmente, e aínda existindo este conflito, no inicio da obra está amainado e xa durmido polo tempo a desidia. Mesmo os vellos das dúas familias falan da posibilidade de acabar con el. Será, precisamente, a impulsividade e a precipitación, particularmente dos personaxes mozos e de Romeo en concreto, a que avivará o lume xa morno da inimizade. Unha vez avivada esa inimizade xa todo vai vir condicionado por ela. Dende este punto de vista cobran moito máis interese estes conceptos de impulso e precipitación, que o propio concepto do amor que así, pasa a ser secundario na lista de motivos que actúan como desencadeantes da traxedia.
Ligazóns relacionadas:

Datas anteriores

11 de maio
/// 20.30

Teatro Jofre
FERROL

29 de marzo - 31 de marzo
/// 21.00

Teatro Principal
SANTIAGO DE COMPOSTELA