Cyrille Sinclair: A nosa maxia
Autor: Cyrille Sinclair
Director: Cyrille Sinclair
Elenco: Cyrille Sinclair
Sinopse: Singular percorrido pola maxia do século XX, é unha homenaxe as grandes lendas da maxia que son fonte de inspiración da maior parte dos magos na actualidade.
Slydini e Fred Kaps suben a escena nas mans do nacionalmente galardoado Cyrille Sinclair, a participación dos espectadores completará o triángulo máxico de A nosa Maxia.
Os efectos combinados con pezas musicais transformarán os minutos en momentos de goce intemporal ao contemplar a beleza e misterio.