Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

A Factoría Teatro: Castronós. O baile

Autor: Xavier Picallo
Director: Xoan Cejudo

Elenco: Rocío González, Alfredo Rodríguez, Toño Salgado, Marcos Correa.

Bailarinas:Carmela Bueno e Olga Cameselle. Solista: Ugia Pedreira.

Músicos:Pedro Pascual e Pablo Pascual.

Sinopse:O espectáculo musical Castronós é unha viaxe ao longo dos últimos cen anos socio-politicos e culturais de Galiza. A través de tres xeracións dunha mesma familia no eido ficcional, contrapóñense as súas experiencias de personaxes, ás figuras históricas que tiveron lances importantes na construción de Galiza.

Un trenzado de músicas, danza e fala que nos sitúa historicamente diante da nosa historia dun xeito didáctico, para coñecer o que somos na actualidade e ó que podemos aspirar no futuro.

Do Rexurdimento decimonónico ás Irmandades da Fala, a Xeración Nós e Federico García Lorca, a República, a Guerra Civil, a Longa Noite de Pedra, a Xeración Galaxia, os sesenta, o tardofranquismo e a democracia, os oitenta e os malos tempos para a lírica, os noventa e o 11M... Fitos históricos trufados da intrahistoria e músicas que a nosa familia, a un lado e ao outro do charco, irá debullando ao longo de tres xeracións. Sombras e luces que un país tenta discernir para explicarse a si mesmo, para comprenderse e aceptarse.

Datas anteriores

28 de abril
/// 22.30

Centro Cultural Caixanova
VIGO

10 de abril - 13 de abril
/// 21.00

Teatro Principal
SANTIAGO DE COMPOSTELA