Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Grupo de Música Antiga Martín Codax: Que eu sei muit’ amar

Grupo de Música Antiga Martín Codax

Elenco: Fernando Olbés (tenor), Paula Corujo (soprano), Roberto Sala (chirimía, frautas e percusión), Roberto Santamaría (fídulas), Carlos Castro (percusións e dulcema), Ana Sánchez (soprano), Miguel A. López (fídulas, arpas e organistrum), Francisco J. González (badosa, cítara), Philippe
Copin (zanfoña) e Andrés Díaz (frautas, chirimía e laúde)

Sinopse: O grupo Martín Codax é un grupo emblemático dentro da Música Antiga con máis de dez anos de traxectoria ao longo da cal ten ofrecido innumerables concertos por toda a xeografía galega, e tamén en importantes escenarios de España e Europa. O programa xira en torno ao repertorio cortés románico e boa parte do latino medieval que se difundía oralmente, e era composto para ser cantado. De todo o repertorio galaico-portugués que chegou ata nós só se conservan coa música escrita 6 cantigas de amigo de Martín Códax e sete cantigas de amor do Rei Dom Denís de Portugal.

O presente programa propón un percorrido pola poesía amorosa galaico portuguesa tomando como centro as 7 cantigas do Rei Dom Denís xunto con cantigas de Martín Códax, Johan Airas, Roi Fernandiz de Santiago, Airas, Roi Fernandiz de Santiago, Airas Nunes e Afonso Eanes de Coton.

Datas anteriores

27 de abril
/// 21.30

Casa da Cultura
BURELA

7 de abril
/// 20.00

Auditorio Municipal
CEDEIRA